lunes, 8 de noviembre de 2010

Teatro Lido 2010

Como xa vos adiantamos, participamos no Teatro Lido a finais de outubro, dentro das actividades que organiza o FIOT ( Festival Internacional de Outuno de Teatro).
No noso centro participamos varios grupos pertencentes a 5º C, 6º A, 6º B e 6º C.
Pasámolo moi ben, visitamos as instalacións de Radio Voz e gravamos as nosas historias na radio. Foi unha experiencia marabillosa.
Facía calor aqueles días e poidemos ir camiñando nunha tarde de sol. Ao chegar á emisora de radio, estabamos moi nerviosos, era a nosa primeira experiencia nunha radio, pero encantounos.
O xurado non nos escolleu, pero quizais se equivocaran escollendo hahaha, xa que fixemos todos moi ben.
NORABOA  a todos/as os que participastes con tanto entusiasmo no Teatro Lido 2010.
Fixéchelo moi, pero que moi ben. E tamén PARABÉNS as mestras que lles axudaron a ensaiar, a preparar a actuación e que os acompañaron á radio e lles axudaron a calmar os nervios.
Ao final todos os participantes recibiron un agasallo e un diploma de participación. Ahhh, e ademais poideron desfrutar dunha chocolatada no Pazo da Cultura.
Velaí van algunhas fotos na radio...


No hay comentarios:

Publicar un comentario