En Lingua Galega, no apartado de literatura estivemos a traballar cunha das máis importantes figuras da Literatura Galega: Rosalía de Castro.
Para coñecer máis cousas sobre esta célebre autora, preme no enlace:
ROSALÍA DE CASTRO
Agora imos desfrutar dun dos seus marabillosos poemas:
CANTARES GALLEGOS, Adiós ríos, adiós fontes
Adiós ríos, adiós fontes adios, regatos pequenos;
adios, vista dos meus ollos:
non sei cando nos veremos.
Miña terra, miña terra,
terra donde me eu criei,
hortiña que quero tanto,
figueiriñas que prantei,
prados, ríos, arboredas,
pinares que move o vento,
paxariños piadores,
casiña do meu contento,
muíño dos castañares,
noites craras de luar,
campaniñas trimbadoras,
da igrexiña do lugar,
amoriñas das silveiras
que eu lle daba ó meu amor,
camiñiños antre o millo,
¡adios, para sempre adios!
¡Adios groria! ¡Adios contento!
¡Deixo a casa onde nacín,
deixo a aldea que conozo
por un mundo que non vin!
Deixo amigos por estraños,
deixo a veiga polo mar,
deixo, en fin, canto ben quero...
¡Quen pudera non deixar!...
Como vos dixen, Amancio Prada, cantou algunhas das máis fermosas poesías de Rosalía, aquí vos deixo a canción.
De que fala a autora neste poema?
No hay comentarios:
Publicar un comentario