jueves, 30 de septiembre de 2010

O prometido....

..é débeda,xa se sabe. Pois aquí estamos como dixemos e ben guapiños que saímos, va que si??? E o que rimos sacando as fotos.
Pois xa estamos presentados..
Somos 6º A!!


martes, 28 de septiembre de 2010

Imos presentarnos

Ola a todos!


Toca presentación...  
No CEIP Bergantiños somos tres unidades de 6º curso de Educación Primaria, cada unha delas con 21 alumnos/as.
A titora de 6º A chámase Mónica Ferreira Costa e comparte a titoría coa directora Teresa Montáns Cousillas.
A titora de 6º B chámase María del Carmen Sobrido Ortega e a titora de 6º C chámase Ángeles García Varela.
O profesor de Educación Física é Diego Freire Fonseca- o único profe que temos, je, je e a profesora de Música é Cristina Pérez Bravo.
Temos dúas profesoras de Lingua Inglesa en 6º: Carmen Rama Novo e María José Muñíz Barreiro, que chegou este ano ao noso centro e aproveitamos para darlle a benvida. Tamén temos dúas profesoras de Relixión Católica: Ana Belén Castro Rodríguez e Mª José Fernández Moure.
Queremos aproveitar e saudalos a todos .....Oooola profes!!!
E claro, logo estamos nós, os " maiores" do centro, os que temos que dar exemplo, os que pronto imos para o instituto...
Pero iso é tema do próximo post.. con fotos e todo....je, je... CÓNTINUARÁ....TO BE CONTINUED...
Ata logo!!!!!

lunes, 27 de septiembre de 2010

Benvidos ao blogue de 6º nivel do CEIP Bergantiños.


Ola a todos/as!
Benvidos á escola de novo!!!
Este ano imos ter unha nova e marabillosa ferramenta que nos vai axudar moito, un blogue!!!
O noso propio blogur para expresar as nosas opinións, sentimentos, o que nos gusta, o que non nos gusta e tódalas cousas relacionadas coas nosas clases  ou calquera cousa que queramos compartir cos nosos/as compañeiros/as.
Estades invitados a participar tanto como queirades porque este é o voso blogue, o voso espazo para sentirvos libres, para expresarvos usando calquera das linguas que estamos a aprender.
Imos usar este blogue para estar en contacto e compartir co resto do CEIP Bergantiños, con outras escolas, coas familias, con todos... o noso traballo, as nosas opinións, as nosas preocupacións, os nosos sentimentos.....
Deste xeito, imos coñecermos todos mellor e aprender xuntos. Vai ser ben divertido!!! Preparádevos para participar!!!
Lembrade é o VOSO BLOGUE!!!


Hello everybody!!!!!
Welcome to school again!
This school year we are going to have a new and wonderful tool which will help us a lot, a blog!!!! Our own blog to express our opinions, feelings, likes and dislikes and everything related to our lessons or just anything we want to share with the rest of the world.
You are invited to participate as much as you want because this is your blog, your space to feel free and express yourselves using any of the languages we are learning and working with.

 We will use this blog to keep in contact with the rest of the school, with other schools, with the families..... and share with them our work, our opinions, our worries, our feelings....

This way we´ll get to know each other better and we can all learn together. It´s going to be real fun!!! Just get ready to participate!!!
Remember it´s YOUR BLOG!!!



  Hola a todos!                                                          
Bienvenidos/as al colegio de nuevo!
Este curso vamos a disponer de una nueva y maravillosa herramienta que nos ayudará mucho, un blog!!! Nuestro propio blog para expresar nuestras opiniones, sentimientos, lo que nos gusta, lo que no nos gusta y todo lo relacionado con nuestras clases  o cualquier cosa que queramos compartir con el resto del mundo.
Estáis invitados/as a participar siempre que queráis porque este es vuestro blog, vuestro espacio para expresaros libremente utilizando cualquiera de las lenguas que estamos aprendiendo.
 Utilizaremos este blog para estar en contacto con nuestros/as compañeros/as del CEIP Bergantiños, con otros centros, con las familias, con todos....y compartir con ellos nuestro trabajo, nuestras opiniones, nuestras preocupaciones, nuestros sentimientos....
De este modo nos conoceremos mejor y aprenderemos juntos.Va a ser muy divertido!!! Preparaos y participar!!!
Recordad es VUESTRO BLOG!!!