Este ano en Samaín, ademais do noso tradicional concurso de cabazas, tamén celebramos unha exposición e posterior degustación de comidas de Meeeeeeedo.
O resultado foi IMPRESIONANTE, o vestíbulo do colexio estaba cheo de comidas de medo; tiñamos pantasmas, cerebros, cemiterios, monstros, tumbas, dedos de bruxa, arañas, calaveras....Todo o que poidades imaxinar. Comida doce, salgada, postres, carne, aceitunas, polo, froita.....
Foi ESPECTACULAR a participación do alumnado e as familias nesta primeira exposición de comidas de medo, que de seguro repetiremos.
A exposición estivo aberta ao público pola mañá nunha xornada de portas abertas e logo pola tarde merendamos estas delicioas comidas no cole.
Pola tarde disfrazados de bruxas, pantasmas, vampiros, esqueletos, homes do saco, morte, vampiresas.....comemos, bailamos, cantamos e celebramos o Samaín por todo o alto.
Ahhh, as comidas estaban de medo! Que deliciosas estaban!
GRAZAS a todos pola vosa colaboración e participación para que todo resultase tan ben.
GRAZAS E PARABÉNS a todo o profesorado, ao alumnado, as familias, a todo o persoal do CEIP Bergantiños...
No hay comentarios:
Publicar un comentario