lunes, 14 de febrero de 2011

Excursión de fin de curso 6º curso

Ben, tema interesante seguro para todos: A EXCURSIÓN DE FIN DE CURSO...                                                             
A semana pasada tivemos unha xuntanza coas familias de 6º curso para concretar o tema da excursión de fin de curso...E xa temos destino e datas.
A excursión será o 18 e 19 de maio, xusto á volta do Día das Letras Galegas e imos ir á Granxa Escola El Kiriko , que está en Fornelos de Montes na provincia de Pontevedra.Ten unha pinta fantástica e de seguro que o imos pasar mooooi ben
Os programas escollidos chámanse: AVENTÚRATE e O PROCESO DA LA e podedes consultar na páxina web da granxa en que consisten, así como ver fotografías e moita información acerca do que imos facer.
Deixovos o enlace á páxina web, visitádea:


GRANJA ESCUELA EL KIRIKO


Pero como aínda queda moito para a excursión, lembrade traballar e estudar para que todos poidamos ir.
Saudiños...

1 comentario: