Mostrando entradas con la etiqueta Samaín. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Samaín. Mostrar todas las entradas

domingo, 28 de octubre de 2012

domingo, 14 de noviembre de 2010

O FALLO DO XURADO: AS CABAZAS GAÑADORAS

Ao fin , o xurado despois de moito deliberar , tomou a súa decisión . non sen dificultade e agora vos amosamos as cabazas gañadoras.
Houbo dous premios por nivel, á orixinalidade e á laboriosidade das cabzas.
Todos os participantes recibiron un agasallo.
Damos por rematado o Samaín/ Halloween este ano.
Ata o vindeiro Samaín!




miércoles, 10 de noviembre de 2010

COMIDAS DE MEEEEEEDO!!!!!!!!

Este ano en Samaín, ademais do noso tradicional concurso de cabazas, tamén celebramos unha exposición e posterior degustación de comidas de Meeeeeeedo.
O resultado foi IMPRESIONANTE, o vestíbulo do colexio estaba cheo de comidas de medo; tiñamos pantasmas, cerebros, cemiterios, monstros, tumbas, dedos de bruxa, arañas, calaveras....Todo o que poidades imaxinar. Comida doce, salgada, postres, carne, aceitunas, polo, froita.....
Foi ESPECTACULAR a participación do alumnado e as familias nesta primeira exposición de comidas de medo, que de seguro repetiremos.
A exposición estivo aberta ao público pola mañá nunha xornada de portas abertas e logo pola tarde merendamos estas delicioas comidas no cole.
Pola tarde disfrazados de bruxas, pantasmas, vampiros, esqueletos, homes do saco, morte, vampiresas.....comemos, bailamos, cantamos e celebramos o Samaín por todo o alto.
Ahhh, as comidas estaban de medo! Que deliciosas estaban!
GRAZAS a todos pola vosa colaboración e participación para que todo resultase tan ben.
GRAZAS E PARABÉNS a todo o profesorado, ao alumnado, as familias, a todo o persoal do CEIP Bergantiños...


SAMAÍN 2010. MÁIS CABAZAS....




Como vedes, este ano, superamos todas as expectativas e noso vestíbulo estaba "inundado" de cabazas. Imaxinación desbordante a do alumnado e a das familias. Cada ano volven sorprendernos. Foi ,mooooi difícil para o xurado elixir as cabazas gañadoras. Cada ano resulta máis complicado, xa que o nivel é moi alto. GRAZAS a todos por a vosa partcipación.